10.3.10

Fotografía: Rebeca Saray, entre as cen artistas galegas emerxentes que promociona a Xunta nun libro

Acabamos de botarlle un ollo e ten traballos impresionantes!
Ademais da súa páxina (rebecasaray.com) non vos esquezades de ollar o seu MySpace, hai vídeos!
http://www.myspace.com/rebecasaray

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a secretaria xeral da Igualdade, Marta González, presentaron hoxe o libro "100 Mulleres Galegas: Artistas Emerxentes", que descobre e fai visible unha mostra da arte en feminino que se está a facer nestes momentos en Galicia, así como tenta recompensar, na medida do posible, a inxustiza histórica que no mundo das artes plásticas se cometeu ao longo da historia coas mulleres. A obra está editada pola Consellería de Cultura e Turismo e pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, e realizada pola Asociación Teenses pola Igualdade, que no acto estivo representada pola súa presidenta Rosa Gomez, que tamén é autora da obra xunto con Patricia Núñez.

Descoñecemos (non nos chegou o libro) se hai algunha de Barbanza e Noia, pero estaremos atentos!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical