-O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage defendeu hoxe na Comisión 4ª do Parlamento (Educación e Cultura) unha proposición non de lei para facilitar a apertura ó conxunto da poboación do Pazo de Torre de Xunqueiras, un Ben de Interese Cultural (BIC) recoñecido dende o ano 1981.
-Lage Tuñas propúxo un acordo aos grupos do BNG e PP “para que se pida á Xunta que faga cumplir a lei, favorecendo a dinamización turística da comarca do Barbanza ao incorporar as visitas ao Pazo ás rutas e aos programas turísticos”
-O deputado do PSdeG expuso a proposta baseandose na necesidade de combinar o respecto á propiedade privada co cumprimento da lei de patrimonio cultural de Galicia que di que “os propietarios, posuidores e demais titulares de bens declarados de interese cultural deberán de facilitar a visita pública ós mesmos nas condicións que se determinen, que en todo caso será gratuíta durante catro días ó mes, en días e horario prefixado. Esto é o que pedimos, que se cumpla a lei”
-”Quero agradecer a cooperación dos grupos do BNG e PP que apoiaron a nosa iniciativa. O acordo ao que chegamos na comisión é importante porque é unánime, sendo un claro mandato ao goberno galego para que se poña as pilas e faga cumplir a lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia”, afirmou José Manuel Lage ao rematar o debate da súa Proposición Non de Lei.
-Lage Tuñas recordou que ”o único que pedimos os socialistas galegos é que se facilite a existencia dun calendario con datas e horarios prefixados para que os cidadáns coñezan de antemán cando poden visitar este ben de interese cultural.”
-Dende o PSdeG tamén defenden a necesidade de que A Xunta de Galicia “implemente un programa de difusión e coñecemento dos bens de interese cultural que temos en Galicia, facilitando a súa promoción nos circuitos de turismo cultural”.
Se se achegan ao pazo e non poden velo, non se vaian sen mirar o cruceiro de Xunqueiras, unha auténtica marabilla. Está a uns metros á esquerda, segundo miran para as Torres.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario