A deputada do BNG Ana Pontón advirte de que o estado de conservación da capela é moi deficiente e agarda que os novos prazos anunciados hoxe polo secretario xeral da Consellería se cumpran sen máis demoras
Noia, 11 Marzo de 2010 (Nota íntegra do Bng).- A portavoz de Cultura do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón, emprazou hoxe ao goberno da Xunta a que sexa áxil na execución do proxecto de restauración da capela de Santa Cristina de Barro (Noia), dado que xa leva moita demora, recoñecida pola propia Consellería malia ser un templo cun importante grao de deterioro.
Durante o debate en comisión dunha iniciativa sobre este asunto defendida pola parlamentar nacionalista, esta valorou que o secretario xeral da Consellería de Cultura anunciara que os traballos se realizarán neste exercicio, estando prevista a licitación entre os meses de Abril e Maio e a partir de ahí o prazo de execución será de seis semes.
Mais a deputada do BNG lembrou que se trata dun proxecto que se iniciou xa en 2008, orzamentado con 94.000 euros, que sen embargo aínda non foi acometido porque, segundo o propio director xeral, tivo que ser paralizado o pasado ano porque “consideraron que había outras obras máis importantes”.
Ana Pontón reiterou que o estado de conservación da capela, de orixe románica, é moi deficiente, por iso era preciso actuar con axilidade, pois entre as obras que precisa está repor o teito.
A parlamentar concluiu agardando que se cumpran os novos prazos anunciados hoxe e lembrou que estas obras van contribuir, ademais, non só á recuperación da riqueza arquitectónica do País senón que tamén poden aportar o seu grao de area á recuperación da economía local.
Resposta da Xunta de Galicia:
Cultura estima que as obras de rehabilitación da capela de San Antón na parroquia de Santa Cristina de Barro estarán rematadas en novembro
Igrexa de Santa Cristina de Barro
O secretario xeral da Consellería de Cultura e Turismo, Antonio Fernández-Campa, informou hoxe no Parlamento sobre a situación da capela do concello de Noia da que asegurou que se está a comezar a preparación do prego para a contratación das obras que “estarán adxudicadas no mes de maio próximo”.
Volver Imprimir Enviar
Capela de San Antón
A capela de San Antón de Santa Cristina de Barro, sita no concello de Noia, data do século XI-XII. Na actualidade atópase en mal estado de conservación xa que gran parte dos seus muros e rematados nunha cornixa adornada con formas zoomórficas e vexetais están tapados pola vexetación así como a cuberta que se acabou desmoronando sobre a bóveda existente.
O Peto de ánimas destaca desde o punto de vista artístico, construción de pedra que data de finais do século XIX e principios do XX, pero atravesa unha situación que aconsella unha rápida intervención. O peto ten a consideración de Ben de Interese Cultural pola súa condición de peto de ánimas de máis de 100 anos, nembargante arestora faltánlle algunhas pezas de pedra así como a cruz que coroaba o conxunto e a pintura non se conserva practicamente a excepción de zonas específicas.Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario