O Xubileo, primeira etapa do programa de saídas culturais para maioresRibeira, 15 de marzo de 2010.- A concelleira de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia de Riveira, María Esther Patiño Rey, presentou hoxe o programa de Saídas Culturais organizado polo Departamento de Servizos Sociais para os maiores do municipio.
Xa está aberto o prazo para anotarse na expedición a Compostela Segundo informou a edila riveirense, Santiago de Compostela será o primeiro punto de destino cunha excursión que se celebrará o vindeiro venres 26 de marzo e que servirá para gañar o Xubileo. O prazo de inscrición para esta viaxe comeza no día de hoxe, 15 de marzo, e rematará o día 22. O prezo é de 18 euros por persoa. Todos os interesados en participar nesta ou nas outras cinco viaxes incluídas na programación deben cumprir os requisitos establecidos (é dicir, estar empadroado en Riveira e contar cunha idade igual ou superior aos 60 anos, ou ben ter 55 ou máis e estar xubilado) e entregar as súas solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa de Correos nº5 de Santa Uxía (números de teléfono 981 874 131 e 981 873 409).
A Coruña, castelo de San AntónA segunda das viaxes percorrerá as localidades situadas entre A Coruña e Betanzos e terá lugar o día 16 de abril (prazo de inscrición: entre o 29 de marzo e o 13 de abril; prezo: 20 euros). A seguinte terá por destino a localidade portuguesa de Fátima e desenvolverase entre os días 21 e 23 de maio. O prezo é de 67 euros e o prazo de inscrición abrangue entre o 3 e o 14 de maio. A antepenúltima das excursións descorrerá pola Ruta Xacobea Marítimo/Fluvial. Celebrarase o día 18 de xuño por un prezo de 28 euros. O prazo de inscrición ábrese o 31 de maio e péchase o 15 de xuño.
Muralla luguesaPara o día 16 de xullo está prevista outra ruta por Lugo e Marcelle. O seu prezo é de 23 euros e os prazos de inscrición, entre o 28 de xuño e o 12 de xullo. Por último, a coa denominación de “Coñece a Barbanza”, o día 24 de setembro terá lugar a tradicional ruta pola comarca. O seu prezo é de 12 euros e os prazos de inscrición, entre o 6 e o 21 de setembro. Cabe lembrar que as inscricións realizaranse como máximo para dúas persoas. Quen quedara en lista de espera terá preferencia na seguinte excursión. As prazas serán adxudicadas por estrito orde de chegada, sendo un 50% das mesmas para usuarios de Riveira e outro 50% para parroquias.
No transcurso da rolda de prensa, a edila riveirense fixo fincapé ademais no gran número de actividades pensadas para os maiores que se organizan dende a súa área municipal, como é o caso das Segundas Xornadas Saudables Terceira Idade, que se desenvolverán en dúas fases programadas para maio e outubro. Outras accións impulsadas dende Servizos Sociais son os talleres de bailes de salón e reciclaxe que se celebrarán durante os meses de abril e maio; o taller de estimulación da mente que está tendo lugar ata mediados de xuño e o taller de reforzo educativo, con periodicidade anual. Ademais, a programación deste ano contará con cursos para pandereta e de iniciación á informática e internet; cun curso de galego para maiores (no que colabora o Servizo de Normalización Linguística de Riveira), a convocatoria de torneos de xogos de mesa e a tradicional Xuntanza do Maior.
Parque para adultos en PalmeiraPor último, Esther Patiño informou de que durante os meses de maio e xuño haberá un monitor no Parque Biosaudable de Coroso para asesorar aos usuarios sobre o correcto uso dos aparatos. Tamén está prevista a celebración no verán de clases de ximnasia nos parques biosaudables das distintas parroquias.

Outras actividades para maiores

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario