A concellaría de Igualdade e Benestar do concello de Dodro organiza entre os dias 15 de Marzo e 30 de Marzo a exposición "Gente De Mente”, adicada a enfermidade do Alzheimer, que estará exposta na casa do Concello de Dodro. Trátase dun proxecto elaborado por AFACO (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de A Coruña), co obxectivo de achegar esta problemática a sociedade en xeral, a través dun conxunto de paneis e probas, nos cales se pretende que a persoa visitante perciba os síntomas e sensacións que experimenta unha persoa afectada por esta pola enfermidade de Alzheimer ao longo das súas diversas fases. Despois de percorrer durante os anos 2008 e 2009 as principais cidades galegas a exposición, solicitada polo concello, estará en Dodro ata finais de marzo.Poderá ser visitada en horario de 9:00 a 14:00h e de 17:00 a 19:00h de xeito individual, e faranse tamén visitas guiadas por un
psicólogo os martes 16, 23 e 30 as 11:00h e o venres 26 as 12:00h, cunha duración estimada por visita dunha hora.Máis información na web de Afaco, aquí
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario