5.3.10

Ribeira: novo repetidor para tdt no monte de San Alberto. Haberá que resintonizar as canles? Orientar as antenas?

O apagón analóxico en Ribeira será o 3 de abril


Ribeira, 5 de marzo de 2010- O Concello de Ribeira informa de que hoxe mesmo acaba de entrar en funcionamento o repetidor instalado no Monte de San Alberto para mellorar o sinal de TDT, ante a chegada ao municipio o próximo día 3 de abril do denominado apagón analóxico.

A actuación tivo un investimento de 53.500 euros. O repetidor dispón das últimas tecnoloxías e conta con 3 paneis remisores orientados ás zonas onde se detectaron maiores deficiencias de cobertura: por unha parte, Cubeliños, Abesadas e Casas Baratas, en Santa Uxía; por outra banda, a parroquia de Artes; e, en terceiro lugar, o termo de Oleiros.

Non obstante, e dada a gran potencia do dispositivo, a instalación do repetidor vai contribuír en xeral a mellorar o sinal na meirande parte do municipio, de tal xeito que se recomenda a todos veciños do municipio en cuxos fogares non se rexistre unha boa cobertura (e non só os das tres zonas citadas) que orienten as súas antenas cara o monte de San Alberto.

Advírtese de que nos vindeiros días efectuaranse unha serie de comprobacións para detectar posibles deficiencias na cobertura a fin de subsanalas.

Por outra parte, cómpre lembrar que para ver a televisión fai falla un descodificador de TDT ou unha televisión con TDT incorporada, así como que a antena e o cableado estean en bo estado.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical