5.3.10

Ribeira: recital de saxos na igrexa de Santa Uxía, este domingo 7 de marzo ás 18:35


Ribeira, 5 de marzo de 2010- A Igrexa Parroquial de Santa Uxía será escenario este domingo, día 7 de marzo, dun concerto a cargo dos alumnos da Aula Galega e Saxofón, cuxa entrada é gratuíta para todos os interesados en asistir. O recital dará comezo ás 18.35 horas.


A igrexa de Santa Uxía

A Aula Galega de Saxofón é un proxecto pedagóxico pioneiro e innovador que pretende dar aos novos estudantes de saxofón de Galicia unha nova visión sobre a aprendizaxe instrumental. Está dirixida a mozos de entre 10 e 18 anos. Neste curso 2009/2010 a Aula conta con 16 prazas para alumnos activos.

Os contidos do curso consisten en clases individuais, cuarteto, clases co pianista Pablo Diago, ensemble, audicións trimestrais e un taller de lutheria con Jeremy Rabache. A Aula está dirixida polo saxofonista vigués Rodrigo Vila, xefe do Departamento de Música de Cámara no Conservatorio Superior das Illas Baleares.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical