19.4.10

Boiro: o domingo 25 de abril, primeira proba do trofeo "Rías Baixas" de Automodelismo

</object>
Vídeo da inauguración da pista da Espiñeira. Webboiro.com
Boiro, 19 de abril de 2010. O próximo domingo dia 25 celebrarase no circuíto da Espiñeira en Boiro a primeira proba puntuable para o trofeo "Rías Baixas 2010" que organizan o club RC Barbanza de Boiro e o Club Team Pitufo Rc de Vilagarcia. Celebraranse dúas probas en cada circuíto segundo as seguintes quendas:

   1. Boiro - 25 de Abril
   2. Villagarcia - 30 de Maio
   3. Boiro - 4 de Xulio
   4. Villagarcia - 19 de Septembro

    As probas celebraranse baixo normas AECAR (Asociación Española de coches a Radiocontrol) e seguirán o esquema habitual con entrenamentos controlados o sábado pola tarde. O domingo será a hora das mangas cronometradas e as subfinais donde somentes os 10 máis rápidos poderán pasar á final.

    Servirá esta proba tamén como posta de largo do circuíto na competición oficial despois da proba inaugural do ano pasado e os traballos de mellora feitos nestes meses no trazado para a súa homologación por parte de AECAR.

    Neste caso foi o delegado Rexional de AECAR, Fernando Abalo, o encargado de dar o visto bo, tanto ao trazado como ás medidas de seguridade suxeridas para que o circuíto estea dentro da normativa da asociación. Para esta proba está comprometida a presenza dalgúns dos pilotos máis rápidos de Galicia polo que o espectáculo, asegura Abalo, "estará asegurado". El mesmo ten confirmada a súa presenza como delegado rexional de AECAR, "non só para dar o respaldo á proba e ao club, senón tamén como director de carreira. Procurarei axudar ao clube local en todo o posible para a implantación no Barbanza desta modalidade deportiva", asegurou.

Web de referencia
http://www.aecar.org

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical