Como cada ano, as feiras do libro comezan a súa andaina pola xeografía do país. Un total de dez citas en cidades de vilas permitiranlle ao público achegarse a produtos de 150 librarías, editoras e entidades do sector, segundo os datos que adiantou hoxe a Consellaría de Cultura. Ademais de mercar libros, os asistentes poderán asistir a conferencias, concertos, espectáculos e mesas redondas. O teatro infantil de Os Repeniques, monólogos a cargo de Danny Boy-Rivera, a guitarra clásica de David González, os magos Vituco e Toño ou os Contos da Boca Aberta de Pavís Pavós son algunhas das actividades que farán parte das programacións das distintas feiras. Os eventos contan este ano con cadasúa carpa e inclúen un posto específico de promoción das actividades do Ano do Libro.
CALENDARIO DE FEIRAS DO LIBRO PARA O ANO 2010
Ferrol, do 21 de abril ao 25 de abril. Cantón de MolínsSantiago, do 1 de maio ao 9 de maio. Paseo Central da Alameda
Lugo, do 15 de maio ao 23 de maio. Praza Maior
Ourense, do 29 de maio ao 6 de xuño. Rúa do Paseo /Pz Bispo Cesáreo
Vigo, do 2 de xullo ao 11 de xullo. Praza de Compostela
Cangas, do 21 de xullo ao 25 de xullo. Alameda de Soage
A Coruña, do 1 de agosto ao 10 de agosto. Xardíns de Méndez Núñez
Viveiro, do 13 de agosto ao 16 de agosto. Xardíns de Noriega Varela
Foz, do 19 de agosto ao 22 de agosto. Praza do Conde de Fontao
Monforte, do 25 de agosto ao 28 de agosto. Rúa Cardeal
Tamén che pode interesar...
- Dez feiras do libro percorrerán Galicia este 2010
21/ 4/ 2010- Ferrol dá o inicio ás feiras do libro 2010
20/ 4/ 2010- O índice de lectura galego está na media estatal
9/ 4/ 2010- O sector do libro centrará a actividade de Cultura no 2010
25/ 11/ 2009- Os editores galegos estarán na Feira de Boloña de 2010
10/ 7/ 2009
Xa o víamos vir cando saíu a licitación, en http://www.xunta.es/actualidade?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar1691.html pero hoxe confírmase: Noia non terá Feira do Libro. Logo do baixón de axudas ao festival de curtametraxes e do "esquecemento" no dos portos xacobeos (http://certo.posterous.com/rianxo-a-pobra-do-caraminal-e-ribeira-designa), co de Primeira Vila Literaria de Galicia (http://certo.es/index.php?page=vila_literaria) xa non contaremos tampouco...
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario