Texto de Xensboy:
Fantástica canción de punk galego, agora con mellor definición. As catro notas de baixo coas que Pereza remacha as queixas de Amaro son adictivas!
Ángel - batería
Caduco - guitarra
Pereza - baixo
Amaro - voz, guitarra
Este concerto na capela de San Roque en Cespón (Boiro) foi o segundo e derradeiro desta formación. Posteriormente, de Smashing naceron tres grupos: Caduco e Pereza formaron The Overdrive e God Brewers, e Amaro formou Katastrophe. Todos estes grupos disolvéronse, e agora, en abril do 2010, estanse buscando novos camiños.
* Cando subín este vídeo pola mañá, non sabía nada do falecemento de Malcolm McLaren, manager dos Sex Pistols e impulsor do movemento punk que trouxo novas posibilidades ao panorama musical.
* Encántanme o saúdo e o sorriso de Ana Lis, flor do Araño.
* Cyllic Bang?
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario