Feira Castrexa de Porto do Son (A Coruña)
O Concello de Porto de Son organiza a III Feira Castrexa os días 23, 24 e 25 de xullo, en horario de 10 da mañán ata as 12 da noite.Máis información sobre o carácter da feira, inscripcións, etc. nos arquivos en PDF.
As solicitudes poden presentarse ata o 31 de maio.
Concello de Porto de Son
Avda. da Atalaia s/n
15970 A Coruña
T 981 767 758
culturaportodoson@gmail.com
documentación
info_xeral.pdf (110,0 KB)
solicitude.pdf (26,9 KB)
Notouse a muda de goberno, ata nestas cousas. Contratarían novos arqueólogos e non seguirán tirando da cada vez máis desbotada teoría céltica? Tal e como andan as derivas arqueolóxicas no Barbanza (só hai que pasarse por Arqueoneixón para botarse as mans á cachola), nunca se sabe.
Iso si, as datas non puideron ser peor escollidas. É Ano Santo, e, por iso mesmo, a festividade do Apóstolo cae en domingo, 25 de xullo. Tamén é o Día da Patria para o sector nacionalista. Ou moi errados estamos, ou a Porto do Son só van ir os artesanos que se anoten nesta feira e os que queden na vila e arredores. Pero logo os políticos e organizadores poden botarlle a culpa ao tempo. A meteoroloxía aguántao todo!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario