Barbanza, 11 de maio de 2010. Co lema “O galego, o noso existir”, a plataforma cidadá "Queremos Galego" de Barbanza confía "nunha mobilización histórica do pobo galego contra as agresións á nosa cultura e o desmantelamento da oficialidade da nosa lingua. A Plataforma Queremos Galego da Barbanza convoca á cidadanía á manifestación a prol da nosa lingua propia o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas".
“Quen cre nas potencialidades de Galiza, defende a identidade do país e defende a lingua”, sinala este colectivo de activistas polo galego, que confía en ateigar de novo a praza do Obradoiro de Compostela "como xa acontecera na masiva manifestación contra o decretazo no ensino do pasado 21 de xaneiro". Queremos Galego engade que "queremos visualizar e afortalar a unidade social existente neste momento arredor da defensa do galego, unha unidade social da que só se autoexclúe o Partido Popular, que será o único que non estea mobilizándose na rúa o 17 de maio en favor da lingua e da cultura propias do país”. Como en ocasións anteriores, a plataforma Queremos Galego da Barbanza poñerá un servizo de autobuses gratuito con este plan de saídas:
Ribeira----------------------10:00 (Estación de Autobuses) Pobra Do Caramiñal-- 10:15 (parada de autobuses ó carón da Alameda) Boiro------------------------ 10:30 (Praza do Concello) Rianxo-----------------------10:45 (parada do Porto de Rianxo)
Reserva de praza no autobús en vazquezcobas@yahoo.es ou teléfono 638 070 867 Regreso ao rematar a manifestación.
“O Galego, o noso existir”, lema escollido

Web de referencia: http://queremosgalego.org
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario