O deputado do PSdeG José Manuel Lage vén de presentar no día de hoxe unha interpelación no Parlamento co obxecto de que “o goberno explique cando teñen pensado comezar as obras de remodelación da fachada marítima de Porto do Son, xa que hai dez meses que se adxudicou a obra e aínda non comezaron os traballos, por iso creo que o goberno ten que dar unha explicación e tomar medidas urxentes para dar comezo inmediato ás obras de remodelación do borde"
Porto do Son, 11 de maio de 2010 .- O viceportavoz do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage Tuñas entende que “é necesario que o goberno galego se explique e poidamos coñecer cando teñen pensado comezar as obras de remodelación da fachada marítima de Porto do Son”. Segundo el,
o concello de Porto do Son leva meses agardando que a Xunta de Galicia axilice estas obras "e o único que hai é silencio por parte de Portos de Galicia”, afirma o deputado socialista. “Pasou máis dun ano dende a sinatura do convenio (febreiro 2009) e máis de nove meses dende que o actual goberno anunciara no mes de xullo de 2009 a adxudicación provisional das obras de execución da remodelación do borde interior da fachada marítima de Porto do Son. O orzamento desta actuación decían que era de 3.261.013,59 euros e o prazo de execución de dezaseis meses .”
“Seguimos sen noticias da citada obra, o que crea unha importante desafección na poboación do concello de Porto do Son cara o ente público Portos de Galicia e por extensión cara ao conxunto do goberno galego”, considera José Manuel Lage, quen opina que “o goberno galego está ausente, non toma decisións e ten paralizadas obras moi importantes nos concellos da comarca, o que é difícil de entender”.
Nota de Portos do 15 de xullo á que se refire Lage Tuñas:
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2009.- Portos de Galicia anuncia a adxudicación provisional das obras de execución da remodelación do borde interior do Porto do Son, na provincia de A Coruña. O orzamento desta actuación é de 3.261.013,59 euros e o prazo de execución de dezaseis meses . As obras proxectadas consisten na remodelación de todo o borde interior do porto que se desenvolve nunha lonxitude duns 500 metros, a demolición dos actuais pavimentos, tanto de calzadas como de beirarrúas, a demolición da antiga lonxa e a explanación da zona ocupada por ésta, para un novo tratamento. Proxectase tamén unha nova traza trasladando o eixo de maneira que deixe maior espazo no contacto coas fachadas, reducindose os aparcamentos da zona central, creando novos aparcamentos na entrada fronte á praia tras a ampliación do muro do acceso. Finalmente levará outro amplo aparcamento ao final do porto na actual explanada de servizo xunto ao dique de defensa.
Os espazos da zona central comprendida entre os viais e a dársena, non modifican o seu actual estado, somente recortánse os aparcamentos en batería existentes xunto á calzada para deixar só aparcamento en liña. Do espazo resultado da demolición da antiga lonxa e o axuste da nova traza de viais beirarrúas resultará unha ampla praza estancial. Finalmente se acondiciona a esplanada de servizos xunto ao inicio do dique de abrigo do porto, creándose un amplo aparcamento, así como un pequeno miradoiro no comezo do espaldón para adaptar e enlazar as obras proxectadas, e as que Costas executóu recentemente.
A presente remodelación inclue ademáis, unha fonte ornamental na nova rotonda, fronte á antiga lonxa, unha plataforma fonte na zona axardinada da praia, cinco contenedores soterrados en sustitución dos actuais en superficie, a sustitución do pretil de formigón de peche que conten a praza e unha bancada ornamental mixta de aceiro e madeira, a instalación de pérgolas e pavimento de madeira na praza e zona estancial central. Se colocará tamen un novo alumeado con puntos de luz que abarcan e alumean toda a actuación, para finalmente dotar á remodelación coa xardinería, sinalización e mobiliario urbano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario