27.5.10

Rianxo: o Bng presenta iniciativas e preguntas para arranxar o das verteduras e o servizo de Correos

Download now or preview on posterous
35463-asinado.pdf (84 KB)


Rianxo, 27 de maio de 2010. A deputada do  BNG no Parlamento Galego, Ana Pontón, vén de presentar unha iniciativa na que lle demanda á Xunta de Galiza que investigue, e no seu caso sancione, os vertidos en Rianxo á ría de Arousa. Ana Pontón lembra que “na pasada fin de semana púidose observar no porto de Rianxo unha vertedura de cor marrón e de cheiro intenso, que os veciños e veciñas sinalan que podería ter orixe na propia depuradora por un exceso de caudal”.

A parlamentaria nacionalista denuncia que “estes feitos son reiterados e precisan da adopción urxente de medidas por parte da Xunta de Galiza”. Ana Pontón subliña que “non é normal que episodios contaminantes á ría de Arousa sexan reiterados sen que a Administración pública teña adoptado ningunha medida para rematar con eles”.

Neste sentido, considera necesario que a Xunta de Galiza “investigue a orixe deste vertido e que se aplique o réxime sancionador previsto na lexislación, mais tamén é urxente que se evite que estes feitos se repitan”.

Ante esta situación, a deputada do BNG pregúntalle á Xunta se ten coñecemento deste vertido en Rianxo, se coñece a súa orixe e, de ser así, se ten incoado algún expediente sancionador.

Por último, demanda que se adopten medidas para evitar que esta situación se volva producir.

En Certo antes publicamos:

Verteduras no Té: con imaxes ilustrativas, aquí

Verteduras no porto: tras outro caso, e xa se perde a conta dos denunciados, o Bng anuncia que levará estas desfeitas a instancias superiores. Máis

Por outra banda, a Xunta recoñece que non realizou ningunha xestión para mellorar o servizo de Correos en Rianxo



A deputada do do BNG Ana Pontón lamentou hoxe que o goberno da Xunta non teña realizado ningunha xestión perante o Estado para reclamar un correcto funcionamento do servizo de correos no concello de Rianxo, o que pon en evidencia, dixo, o “desinterese” do Executivo de Núñez Feijóo para facer frente a un problema que está afectando aos veciños desta localidade, mais que nestes momentos é extensíbel tamén a case todo o País.

 

Ana Pontón, durante o debate en comisión dunha iniciativa nacionalista sobre este asunto, asegurou que non existe ningún impedimento legal nin competencial para que a Xunta poidera intervir e tentar solucionar este problema, pois malia que as competencias efectivamente sexan do Estado, é normal a relación entre institucións e a Xunta podería ter realizado algunha xestión para lograr ese incrementro de persoal reivindicado pola actual plantilla.

 

Para a deputada, o feito de que a Xunta ficara de brazos cruzados, argumentando –segundo a resposta dada no debate polo director xeral de Relacións Institucionais- que Correos é competencia exclusiva de Madrid, só amosa unha decisión de carácter político, de desleixo absoluto polas necesidades dos cidadáns e por garantirlles uns accesos aos servizos en igualdade de condicións.

 

A parlamentar emprazou ao director xeral a que mude de actitude e lembrou que nestes momentos hai zonas nas que dende hai meses o servizo non funciona correctamente, sobre todo nas zonas máis rurais.

 

“Cómpre sinalar que o servizo de correos en xeral ven sofrindo nos últimos tempos un deterioro nas súas prestacións a causa da aplicación dun modelo que camiña cara a privatización, que prima a rendabilidade fronte á prestación dun servizo eficiente”, concluiu.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical