27.5.10

Lingua galega: o Consello Escolar do IES Leliadoura de Ribeira rexeita o decreto do plurilingüismo recén aprobado

Ribeira, 27 de maio de 2010. Un texto presentado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e polo Departamento de Lingua e Literatura Galega, e aprobado polo Consello Escolar do IES Leliadoura (Ribeira) rexeita o novo decreto do plurilingüismo no ensino non universitario (Decreto 79/2010), "que supón un paso atrás no proceso normalizador do galego", afirman.

O texto íntegro di:

O CONSELLO ESCOLAR do IES Leliadoura (Ribeira, A Coruña), despois de analizar o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario (DOG, 25 de maio de 2010), decide rexeitalo polas mesmas razóns alegadas polo Consello Escolar de Galicia ao borrador presentado pola Administración educativa, o pasado 7 de abril que, en síntese, son as seguintes:

 

Empeórase, a xa de por si deficiente, competencia lingüística en galego.

Impídese a tarefa normalizadora do profesorado tratando por igual a dúas linguas que están en situación de desigualdade.

Desvalorízase a función docente e a súa profesionalidade ao permitir que as familias decidan o que debe ser obxecto de decisión polo profesorado, o verdadeiro coñecedor da realidade do alumnado e quen ten a formación necesaria.

A libre elección da lingua por parte do alumnado socava a autoridade do profesorado ao lanzar ao alumnado a idea de que o profesorado fai o que decide a familia, mentres que o alumnado decide ao seu antollo.

Abre a porta a creación de numerosos conflitos nos centros, que antes da aplicación desta norma non existían.

É unha norma contraria ao consenso parlamentario do Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia no 2004. Toda norma sobre a normalización do galego ten que respectar este Plano.

 

              Por todo o anterior esiximos a retirada do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario, como se aprobou por ampla maioría para o seu borrador no Consello Escolar de Galicia, e que a elaboración da calquera norma se basee no consenso acadado co PNL do 2004

En Ribeira, a 25 de maio de 2010


Web do Centro:

http://centros.edu.xunta.es/iesleliadoura

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical