22.6.10

Ribeira: o campamento de verán organizado polo Centro de Información á Muller pretende conciliar traballo e familia

Ribeira, 22 de xuño de 2010- A Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia do Concello de Ribeira a través do Centro de Información á Muller (CIM) porá en marcha durante os meses de xullo e agosto un campamento de verán para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos, cuxo principal obxectivo reside en facilitar ás familias a conciliación da vida persoal e laboral durante o tempo de vacacións dos nenos. Trátase do denominado “Campamento da Igualdade”: unha iniciativa que conta co financiamento da Deputación da Coruña que foi presentada hoxe por María Esther Patiño, concelleira de Igualdade e Acción Social, e María Dolores Crujeiras Bringas, directora do CIM. 

A educación en igualdade e a perspectiva de xénero serán os principais parámetros en torno aos que xirarán os contidos das actividades que serán impartidas durante o campamento, que será de carácter gratuíto.

As técnicas a utilizar serán as lúdico-participativas, tratando a educación en valores de xeito transversal (medioambientais, saúde, respecto aos demais, resolución de conflitos,.....) a través de actividades tales como: 

  1. Xogos tradicionais
  2. Deportes, psicomotricidade, expresión corporal, baile
  3. Cociña e alimentación
  4. Animación á lectura
  5. Manualidades e debuxo
  6. Xogos de rol, teatro, contacontos

Tamén se realizarán excursións a diferentes puntos do municipio e visitas a colectivos profesionais. O campamento estará  centralizado no colexio o Grupo de Santa Uxía de Riveira e desenvolverase durante os dous meses citados, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas. Hai 30 prazas convocadas. 

Para máis información poden poñerse en contacto co Centro de Información á Muller (situado na rúa Correos nº5, teléfono 981 874 131, e-mail: cim@riveira.com)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical