25.6.10

Ribeira: Pífano Teatro aborda con "Rotas" este sábado 26 a violencia de xénero

Ribeira, 25 de xuño de 2010. A compañía Pífano Teatro vai actuar mañá, sábado 26, no auditorio municipal de Ribeira ás 21.30 horas coa obra “Rotas”, dirixida por Xavier Picallo a partir dun texto de Rosa Castro.  

Esta peza dramática consiste nun alegato contra a violencia de xénero no que se pretende denunciar a tortura e o asasinato que sofren algunhas mulleres. Actuarán Mela Casal e María Salgueiro (na imaxe, extraída do blog da compañía Pífano, en http://pifanoteatro.blogspot.com)

A obra está recomendada para maiores de 12 anos. A entrada é gratuíta. Colaboran na organización a Asociación da Prensa da Coruña, a Deputación da Coruña e o Concello de Ribeira a través da Concellería de Cultura e Festexos. 

Mesa de debate

Ao rematar a obra, que durará arredor de 35 minutos, realizarase unha mesa de debate en torno á violencia de xénero.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical