Exploran unha área intermedia nos castros de Neixón
O equipo científico responsable actual das escavacións nos castros de Neixón realizará este ano unha escavación na área situada entre os dous castros que se localizan nesta península do fondo da ría de Arousa, en Cespón (Boiro). Así o manifestaron onte na rolda de prensa que presentou no concello de Boiro o novo campo de traballo con estudantes de Historia.
Os castros de Neixón teñen unha peculiar disposición: nunha península conviven dous castros de épocas distintas. O máis antigo, o Castro Pequeno, está no cabo da Península, e é o máis antigo dos dous, dos inicios da época castrexa e o grande, un recinto moi monumental, nunca foi habitado, pero nel atópase moitos restos cerámicos que evidencian o contacto comercial das comunidades do Barbanza co mundo mediterráneo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario