Ademais, o domingo día 15 inaugurarase a segunda fase das rutas cicloturísticas do municipio Boiro, 12 de agosto de 2010. As concellerías de Turismo e Medio Ambiente do Concello de Boiro celebran esta fin de semana (14 e 15 agosto) o cuarto concurso de fotografía “Os habitantes da praia” na praia de Barraña (ao carón das recén inauguradas pistas deportivas). Calquera persoa interesada, sexa profesional o afeccionada pode participar, segundo as bases que se detallen na fin desta información. Por outra banda, terá lugar a inauguración da segunda fase das rutas cicloturísticas de Boiro. Será o domingo 15 de agosto ás 09:30 h da mañá cando un grupo de afeccionados, organizados por Daniel Ríos, sairán da Praza de Galicia para probar unha destas novas rutas. O acto contará coa asistencia do Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e da concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó.
IV Travesía Praia de Barraña "Concello de Boiro"
A proba comeza ás seis da tarde, organizada polo club de natación de Boiro e o Concello. As categorías son as que seguen: A. Nados o ano 1992 e anteriores.
B. Nados entre 1993 e 1995
C. Nados entre 1996 e 1997
D. Nados en 1998 e posteriores
E. Nados en 1970 e anterioresPercorrerase un quilómetro e medio por parte das categorías A e B. Os das clases C, D e mais E, a metade. Alí mesmo se explicarán as normas para que non haxa confusións. Para anotarse, se aínda non o fixestes, terás que estar unha hora antes de que comece a proba na praia. Haberá premios importantes en metálico e trofeos para os primeiros clasificados de cada categoría. Tamén a típica distinción ao máis veterano e ao máis mozo que remate a proba, así como para nadadores boirenses.
Bases do concurso de fotos "Os Habitantes da Praia"
ParticipantesCalquera persoa interesada, sexa profesional ou afeccionada á fotografía Tema "As praias de Boiro e o seu entorno" Non intenten facer esta foto en Barraña...
Categorías A Escenas e situacións da xente na praia (xogos infantís, deportes, xantar, baños, ...) B- Natureza (paisaxes, animais, plantas, ...) C- Denuncia medioambiental (obxectos atopados na area, residuos, verteduras na auga, ...) Obras Cada participante deberá presentar 3 fotografías, unha por cada categoría (A-B-C) : orixinais, inéditas e non premiadas en concursos anteriores. Formato Medida tamaño A4 (20x30 cm aproximadamente) TécnicaTécnica libre en papel fotográfico. En cor ou branco e negro (en todas as súas variantes). Admitiranse retoques dixitais que non manipulen o senso da imaxe. PresentaciónEn papel fotográfico e tamaño A4. No reverso da fotografía poñerase unha lenda que idenficará o sobre pechado cos datos persoais do autor ou autora: enderezo, teléfono. No mesmo reverso cada fotografía deberá, ademais, levar un título e indicación da categoría a que pertenece (A. B, C). Lugar e prazo de presentaciónAs fotografías deberàn entregarse a organizaciòn entre as 17:00h. e as 18:30h. do sábado 14 de agosto xunto ao campo de volei da praia de Barraña Xurado O xurado será seleccionado pola organización do concurso entre persoas cualificadas para exercer esta función. O fallo do xurado poderá declarar desertos ou compartidos algún ou todos os premios, así como outorgar mencións especiais se o estimase oportuno. PremiosEstablécense os seguintes premios as millores coleccións de 3 fotografías nas 3 categorías: * 1º premio – Cámara dixital 2º premio 75 € 3º premio 50 € (en vales de compra)
Exposición Mostra fotográfica o aire libre dos premios e unha selección das obras o domingo 15 de agosto no paseo de praia Xardín. Propiedade das obrasAs fotografías premiadas quedarán en propiedade do Concello de Boiro. As non premiadas deberán recollerse a partir da clausura do concurso. O Concello de Boiro reservarase o dereito de exposición, reproducción e calquera outro uso non comercial e sempre relacionado coa promoción da cultura e o deporte, das imaxes premiadas no concurso, citando sempre o nome do autor. Os participantes responsabilízanse de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe. En calquera caso, a organización do concurso queda eximida de posibles conflictos de publicación ou utilización das obras presentadas e dos que poidan derivarse. Consideracións finaisO xurado será competente para resolver calquera circunstancia non prevista nas bases. A participación neste concurso implica a aceptación íntegra das súas bases.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario