Ribeira, 12 de agosto de 2010. O vindeiro domingo, 15 de agosto, vai comezar a disputarse o V Trofeo "Cidade de Riveira" de fútbol afeccionado. Participan todos os equipos federados de Ribeira.
O trofeo xógase polo sistema de eliminatoria direta, a partido único. No caso de empate, penaltis, sen prórroga.
- Atlético Oleiros contra Atlético Riveira, no campo da Trinidade de Oleiros
- Aguiño contra Olveira CF, no campo da Tasca
- CD Artes contra Sálvora CF, no sintético de A Fieiteira
- Exento, e directo a cuartos de final (hainos con sorte), o Palmeira
Os partidos de semifinais serán o vindeiro domingo, día 22 de agosto, tamén ás sete da tarde. Emparéllanse os vencedores dos enfrontamentos 1-2 e 3-4. O partido da final será o domingo 29 de agosto. O actual gañador do trofeo é o Atlético Riveira, que mallou ao X. Aguiño o ano pasado cun contundente 5-1. En anteriores edicións gañaron o Atlético Oleiros (2006), Atlético Riveira (2007) e o Oleiros (2008).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario