Porto do Son, 5 de agosto de 2010. Nun concello no que cambian os nomes das festas (lembren, de mercado celta a feira castrexa) segundo o rumbo político -ou a deriva, que dirían as malas linguas- xa non sabemos se o vindeiro sábado 14 de agosto se celebra a Festa do Pulpo (un nome en castrapo, pois festa é galego, pero pulpo é verba castelá), a Festa do Polbo -en perfecto galego normativo- ou a Exaltación do Polbo. O caso é que os que se acheguen alí ese día, terán ocasión de degustar este cefalópodo, que se puxo este ano de moda internacionalmente polo pitoniso alemá Paul. O pregón está previsto para as 12 do mediodía e logo será a tradicional festa gastronómica, co polbo á feira e noutras preparacións, como é de rigor. Tamén estará presente outra delicia do marisco da ría, os mexillóns, neste caso ao vapor.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario