As achegas provinciais destinaranse á mellora da contorna de vivendas de Tallós, a construción de beirarrúas en Devesa e rehabilitación de fontes, lavadoiros e cruceirosA Deputación da Coruña inviste 149.000 euros en obras de mellora no Concello de Dodro09/09/2010A Deputación da Coruña destinará 149.000 euros para realizar diversas obras e investimentos no Concello de Dodro, segundo se recolle nos convenios subscritos na sede da institución provincial, polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde da localidade, Arturo Díaz Díaz.
Entre estes investimentos, a institución provincial destinará 65.000 euros para financiar o proxecto de mellora da contorna de vivendas de Tallós, que inclúe a substitución do actual pavimento, por un novo de lastros de granito, asentado sobre unha base de formigón, e máis adecuado co medio.
Tamén se destinarán 18.818,52 euros para a construción de dous treitos de beirarrúas de 240 x 1,00 e 120 x 1,65 metros, con bordo de formigón prefabricado, así como a pavimentación dun treito de 360 x 0,25 metros en formigón, todas elas no lugar da Devesa (Lestrove).
Rehabilitación de fontes, lavadoiros e cruceiros
Entre os investimentos provinciais comprometidos destaca o financiamento das obras de rehabilitación do cruceiro de Revixós con pedras de idénticas características ás existentes e a eparación das xuntas en mal estado, e a demolición do actual pavimento da praza, que será substituido por un novo de granito e formigón pulido.
A Deputación cofinanciará tamén os traballos de rehabilitación das fontes de Fontela e Reboiras, do cruceiro de Manselle, e das fontes e lavadoiros de Teaio e Reveixós. Estas obras comprenden, entre outras accións, a reposición das pedras danadas e reparación das xuntas, a instalación de novas varandas e mobiliario urbano, novas conexións e desaugadoiros das fontes e lavadoiros e acondicionamento ou substitución dos pavementos existentes.Estas obras contarán cunha achega provincial de 63.279 euros.
O alcalde de Dodro, Arturo Díaz, agradeceu os investimentos da institución provincial que servirán para recuperar e poñer en valor diversos núcleos do municipio.
Pola súa banda, o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, enmarcou estes investimentos na liña de cooperación cos concellos que está a desenvolver a institución provincial e expresou o seu desexo de que éstes contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario