Santiago, 22 de setembro de 2010. O deputado socialista José Manuel Lage Tuñas interveu hoxe na Comisión 1ª do Parlamento para interpelar ao Goberno sobre os motivos polos que non executa a Sentenza do Tribunal Supremo, de xullo de 2009, pola que se anulan os exames das oposicións de inspección turística da Xunta. Alí Lage Tuñas revelou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo premiou cun alto cargo ao presidente do tribunal das oposicións que o Tribunal Supremo anulou fai máis dun ano. O deputado socialista revelou que “o Presidente do Tribunal que vulnerou as bases da convocatoria desta oposición foi premiado fai un ano por Núñez Feijóo co cargo de número 2 da AGASP (secretario xeral)”. ”Feijóo premiou a quen presidiu un Tribunal que según sentencia do Supremo inventouse un sistema de cualificación que non era o previsto nas bases da convocatoria. É unha das sentencias máis duras da historia da autonomía de Galicia no referido á Función Pública”, asegurou. O Viceportavoz do Grupo Socialista pregúntase “cantos conflictos máis teñen que suceder nas oposicións para que se nomee un novo director da Función Pública que normalice os procesos selectivos na Xunta de Galicia”. Lage Tuñas recordou na Comisión 1ª do Parlamento que “o goberno mantivo informativamente falando, oculta esta sentencia dende xullo de 2009 ata xullo do 2010, momento no que dende o PSdeG demos a coñecer a sentencia do Supremo”. Dende o PSdeG, José Manuel Lage recordou que “pasaron máis de 15 meses dende a sentencia do Tribunal Supremo e o goberno galego foi incapaz de dar unha solución a esta sentencia que afecta ao conxunto do corpo de inspección turística”. Lage Tuñas expuso como “a sentencia do Supremo afirma que o preparador dunha boa parte dos opositores que aprobaron foi ao mesmo a persoa que elaborou a proba do exame para a Xunta de Galicia”. “A gravidade da sentencia cobra maior relevancia cando vemos como quen presidía o Tribunal que se inventou o sistema de calificación foi premiado por Alberto Núñez Feijóo cun alto cargo na Academia Galega de Seguridade”. Na súa intervención Lage Tuñas tamén reclamou “que se resolva canto antes o vacío que se pode crear no ámbito da inspección turística, dende a legalidade e con pleno respecto á Sentencia do Tribunal Supremo”. Lage Tuñas acusou ao director xeral da función pública de faltar gravemente á verdade xa que “hoxe recoñece que teñen a información da sentencia dende o 6 de novembro de 2009 pero o 14 de xullo vostedes decían que lles faltaban tódolos datos, que estaban á espera dos datos e que despois se pronunciarían”. “Grave, é moi grave que falte á verdade. Esta declaración hoxe neste parlamento pon de manifesto o seu nulo interese en resolver este asunto.” “Sr. Director Xeral vostede estivo intentando amañar este asunto sin atender á sentencia do Tribunal Supremo pero agora será a Xustiza a que teña que actuar pola súa pasividade e o seu nulo interese en axilizar a resolución deste problema”, afirmou Lage Tuñas.
Por último solicitoulle que resolva este conflicto, e preguntoulle ao Director Xeral cantos conflictos mais teñen que suceder nas oposicións da Función publica para que asuma un mínimo de responsabilidade política e cese a petición propia. Di que en menos dun ano conseguiron desacreditar a situación dos procesos selectivos na nosa Comunidade, e insistiu nas súas criticas “pídolle o seu cese porque Señor Director Xeral é o mellor que pode facer por este pais”, dixo Lage Tuñas.
“Sr. Barreiro, o mellor servizo que pode facer a Galicia é pedir o seu cese ou presentar a demisión xa que vostede está levando á administración pública galega ao descrédito e a que moitos opositores teñan desconfianza nos procesos selectivos da Xunta de Galicia” espetou José Manuel Lage ao director xeral da Función Pública. O deputado tivo que reclamar ao Presidente da Comisión o amparo do Parlamento polas manipulacións e falsidades verquidas polo Director Xeral da Función Publica na sede da Cámara Autonómica ao referirse ás noticias aparecidas nos medios de comunicación a semana pasada sobre a existencia de 400 persoas pendentes da toma de posesión como funcionarios. Lage Tuñas pideu amparo ao presidente da Comisión e dixo que “o Director Xeral pode intentar matar ao mensaxeiro pero a realidade é que hai 400 opositores que están pendentes de tomar posesión nas súas prazas como funcionarios, e son os propios opositores os que denuncian a súa situación”. De feito o deputado socialista dou lectura á párrafos do texto de denuncia dos 400 opositores que reclaman poder tomar posesión das súas prazas como funcionarios.
Diante da falta de amparo por parte do presidente da Comsión 1ª, Agustín Baamonde (PP), Lage Tuñas denunciou a actitude do Presidente da Comisión do que cualificou a súa actuación “coma a dun membro do Goberno de Feijoo e non como o presidente dunha comisión parlamentaria que dende a neutralidade garantiza o funcionamento normalizado dos traballos da comisión”. Lage Tuñas anunciou ademais que o grupo socialista rexistrará unha queixa formal ante a Mesa do Parlamento para demandar o amparo da Presidenta do Parlamento diante dunha actitude “impropia dun presidente dunha comisión que se adica a atacar aos deputados, defender ao goberno, e incumplir o seu papel institucional de neutralidade”.
Cese do Director Xeral

Petición de amparo

Download now or preview on posterous
41651-Artigo 9 - Expediente completo proceso selectivo corpo inspección turística.pdf (42 KB)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario