22.9.10

Política: os socialistas loitarán por manter o servizo de Noitebús

Silvia Fraga, de Xuventudes Socialistas, considera "un insulto" que o Presidente da Xunta de Galicia valore como “adicional” o salvar vidas, e velar pola seguridade viaria da mocidade galega”

Santiago de Compostela, 22 de setembro do 2010. A portavoz de Mocidade e do Grupo Parlamentario Socialista Silvia Fraga anunciou hoxe que rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre a supresión do servicio de Noitebus. A deputada reclama á Xunta, mediante unha PNL, que manteña este servizo de transporte nocturno. Ademais o portavoz de Infraestructuras Pablo Lopez Vidal solicitou tamén a comparecencia urxente do Conselleiro de Infraestructuras na Cámara Autonómica para dar conta destes recortes.

Fraga asegurou que esta decisión “deberá cargar na conciencia de Feijoo”, e cualificouna de “frívola e irresponsable.” Argumenta tamén que “é lamentable que Feijoo faga este anuncio na semana da mobilidade”.

A deputada socialista advirte que “non vale a demagoxia barata na que se escuda Núñez Feijoó para suprimir este servicio”. Asegura ademais que os “mozos e mozas galegas van a seguir saíndo de marcha as fins de semana”, e en consecuencia van a seguir desprazándose, por iso “vai a seguir existindo risco de que se produzan accidentes de tráfico e, incluso, de que moitos mozos e mozas perdan a vida nesas circunstancias”, explicou.

A portavoz socialista dixo que “cada día imos tendo máis claro que entende Feijoó por importante e secundario”. Ademais criticou os numerosos gastos superfluos que pode reducir ou suprimir, como pode ser o gasto en publicidade da súa propia xestión, ou os gastos vinculados a figura dos “superdelegados” provinciais, que tampouco temos moi claro para que serven”. Pola contra denuncia que o PP “opta por suprimir un servizo que ten contribuído dun xeito notable a reducir a sinistralidade dos mozos e mozas galegas nas horas de ocio nocturno da fin de semana”.

Nese senso “considera un insulto que o Presidente da Xunta de Galicia considere e cualifique como “adicional” o salvar vidas, e velar pola seguridade viaria da mocidade galega.”

Emprégano 300.000 mozos galegos

A portavoz de Mocidade e do Grupo Parlamentario Socialista Silvia Fraga di que lle “parece unha aberración que o Presidente da Xunta lle pareza pouco investir 3 millóns de euros nas oito horas de visita papal e, sen embargo, pense que é un gasto excesivo gastar 4,5 millóns de euros nun transporte nocturno que contribúe a salvar moitas vidas todas as fins de semana”. E sinala que o empregan anualmente arredor de 300.000 mozos e mozas galegos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical