22.9.10

Ribeira: veciños de Carreira foron de farra cultural por Asturias

Ribeira, 22 de setembro de 2010. A Asociación de Veciños de Carreira vén de organizar a pasada fin de semana unha excursión cultural por terras asturianas.
Foron en total cincuenta participantes, a maioría de Carreira, pero tamén chegados de Aguiño, Ribeira ou mesmo Boiro e afirman que desfrutaron "dun tempo inmellorable nesta visita ás terras astures".
A pesares de ter que sofrir -en primeira fila- as retencións provocadas pola folga dos mineiros que tiñan atrancada a estrada en Muros de Nalón, toda a planificación da viaxe levouse a cabo sen maiores inconvenientes. "O precioso casco antigo de Oviedo, -na que salientaba a catedral gótica-, as estatuas de bronce que xalonaban o percorrido, ou o parque de San Francisco, foron admirados no descorrir dos paseantes polas rúas da capital astur", explicaron.

Praia de San Lorenzo en Xixón

En Xixón, visitaronse as rúas principales, -dominadas por monumentos que evocaban a senlleira figura de Gaspar Melchor de Jovellanos-, o paseo da praia de San Lorenzo, así como a zona da Atalaia, coa polémica escultura “Elogio del Horizonte” de Chillida.

O domingo cursaron visita a dous dos lugares máis emblemáticos de Asturiasterras: o santuario de Covadonga e os Lagos, sitos nunha impresionante paraxe en pleno parque nacional de Picos de Europa. Todas estas paraxes "foron continuamente amenizados polas explicacións dos guías que acompañaron a unha comitiva que se mostrou unanimemente encantada coa actividade organizada pola entidade presidida por Ana Gómez Hermo", aseguraron dende a asociación veciñal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical