
.- A nosa idea é gravar 11 cancións. Son as que preparamos para este traballo.pero no proceso de gravación sempre pode caer algunha porque non convence o son da mesma ou algo similar..- Seguides co mesmo estilo, ou hai algunha novidade?.- A nosa idea é seguir no mesmo estilo pero ao cambiar estudio e productor pode ser que sone un pouco distinto. Xa se verá o resultado final. Pero "fuejo bastante", iso de seguro..- De que falades nestes novos temas?.- Sobre inxustizas: Relixión, terrorismo, amnistía, fascismo, liberdade, tauromaquia, guerras, soidade...todo o que ferve nos miolos. 4.- Por onde estivestes de xira este ano? E a onde iredes logo?.- Este ano estivemos por Pontedeume, Ourense...á parte dos festivais KURRALA ROCK e FESTA DA CHUVIA (Ribeira) andivemos facendo varios concertos pola zona. Despois do parón estival por motivos laborais, agora estamos pechados no estudio. Saímos un ratiño o 23 de outubro para tocar no CHIRINGO DE FONFO (antiga sala Ardora) en Porto do Son.
En decembro, cando rematemos de gravar,,imos ir a Euskadi a presentar o novo traballo.Estaremos por Orereta-Rentería, Oñati, na coñecida Sala Mogambo en Trintxerpe...e algunhas datas máis que xa temos apalabradas pero están sen confirmar. En todo isto moi ben acompañados polo grupo punk "SUTURA", que son os que nos organizan toda a xira. Tamén compartiremos escenario con outros grupos vascos como Kañería, Ex-Pañolak, Drakes e outros. Pasaremos por A Coruña, Pontedeume, Ourense, Vigo e os principais puntos da xeografía galega, pero xa máis ben de cara a 2011, porque en decembro non vai dar tempo a todo, jejeje.


.- Con quen gravades?
.- Esta aventura ímola correr con Emilio Romero, un dos mellores músicos do panorama ribeirense. Montou un estudio e invitounos a gravar con el. Non o tiñamos moi claro por diferentes motivos, pero insisteunos e non nos puidemos negar. Cremos que é unha persoa moi perfeccionista e coido que vai facer todo o que estea nas súas mans para que este disco sone a rachar.

.- Van seguir Os Kurralas ou tamén vos afecta a crise?.- O Kurrala Rock segue outro ano máis, contra vento e marea. Ao ser un festival sen axudas de ningunha administración non creo que lle afecte moito a crise. Eso si, imos ter que traballar moi duro para levalo adiante. Cada ano intentamos mellorar varios aspectos e iso incrementa o orzamento necesario para levalo a cabo. Por certo, nunhas semanas comeza o camiño a KURRALA´11: concertos, sorteos, artigos de promoción....- Parece que MySpace está de capa caída, ou que Facebook está a acaparar todo: que páxina ou servizo de internet usades vós para promocionarvos?
.- Si, parece que myspace está de capa caída. A min persoalmente gústame moito como está distribuida a páxina en si, pero o xigante Facebook está máis en auxe que nunca. Nós promocionámonos sobre todo en TUENTI, pero tamén usamos MYSPACE. E, por suposto, temos o noso INLLORFEIS-BOOK. E tamén algún diario dixital, que sempre está disposto a votarnos unha man coas promos. Gracias e un saúdo!!!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario