5.10.10

Noia: aberto xa á circulación o primeiro tramo do corredor Brión-Noia

“Lograda a conexión entre Santiago e Noia seguiremos coa mellora viaria en todo o ámbito da ría rematando dúas actuacións nas que se vén traballando con intensidade nos últimos meses: a variante de Noia e a variante de Outes”, dixo hoxe o presidente da Xunta en Rois

Rois, 5 de outubro de 2010.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu, esta tarde, o compromiso co avance e a modernización das infraestruturas e situou a posta en servizo do treito Brión-Martelo da Vía de Altas Prestacións Brión-Martelo-Noia, como “unha realidade” dentro do compromiso da Xunta de poñer en servizo máis de 150 quilómetros de vías de altas prestacións ata 2013. “A posta en servizo deste primeiro tramo do corredor entre Brión e Noia –dixo- é unha proba evidente de que seguimos traballando, por moitas que sexan as dificultades, e seguimos avanzando, decididos a que a recuperación económica nos atope nas mellores condicións para continuar crecendo”.

No tocante ao treito, Feijóo destacou que esta nova infraestrutura dálle continuidade a un proxecto de mellora integral das comunicacións de todo o ámbito da ría de Muros e Noia cara ao centro de Galicia. E engadiu que “lograda a conexión entre Santiago e Noia seguiremos coa mellora viaria en todo o ámbito da ría rematando dúas actuacións nas que se vén traballando con intensidade nos últimos meses e que son decisivas para favorecer o tránsito polas súas marxes: a variante de Noia e a variante de Outes”.

Así pensa deixar a Xunta a ponte sobre a Ría de Noia -o da escolleira aínda está no aire-

Segundo o responsable do Goberno galego, estas dúas actuacións lograrán un notable recorte dos tempos de viaxe de Noia a Ribeira e de Noia a Muros, achegando a parte máis occidental da provincia da Coruña a Compostela e conectándoa con maior eficacia coa rede de altas prestacións. Para Feijóo, a posta en servizo deste tramo pon de manifesto, amais, que o Executivo galego sigue avanzando nun dos seus compromisos: que o 80% do territorio de Galicia estea a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade, tal e como recolle o Plan MOVE.

“Este primeiro tramo do corredor entre Brión e Noia vén a sumarse aos novos tramos de altas prestacións postos en marcha no escaso ano e medio de Goberno, acadando os 56 novos quilómetros de vías de alta capacidade en servizo, mentres seguimos a traballar en máis de 400 quilómetros desta rede, coa previsión de que máis de 150 estean en servizo no horizonte do ano 2013”. Feijóo aseverou que o plan MOVE de infraestruturas é un plan adaptado ás difíciles circunstancias económicas actuais co mesmo rigor e decisión que foi elaborado, “axustando ao máximo as súas actuacións, pero mantendo o nivel de compromiso co avance e a modernización das nosas infraestruturas”.

“Estamos a desenvolver –explicou- unha planificación con responsabilidade, conscientes de que o futuro dun país debe ser construído non a golpe de ocorrencias e improvisacións, senón conforme a plans reflexivos, executados e cumpridos con rigor e revisados con decisión e valentía no momento en que a realidade o aconselle”.

Deste xeito, incidiu en que o plan vai continuar a ser un referente de estabilidade para a creación de riqueza e postos de traballo e, sobre todo, un compromiso co conxunto de Galicia.

O presidente da Xunta afirmou que “este tramo entre Brión e Martelo abre un novo horizonte para o antigo Porto de Compostela, para todo o contorno da ría de Noia e Muros, para o occidente da Coruña e para o conxunto da nosa terra, que con obras como esta gaña en unidade e fortaleza, condicións indispensables coas que Galicia vai afrontar e gañar o seu futuro”.

Incremento da seguridade viaria e un aforro de tempo de máis do 50%

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, subliñou que esta nova vía, cuxo custe ascende a 40 millóns de euros, permite un aforro de tempo de máis do 50% -pasando dos máis de 8 minutos de percorrido pola actual estrada a 4 minutos pola nova-; “e evítase, amais, o paso por dous quilómetros de travesías e zonas con casas, co conseguinte incremento da seguridade viaria”.

Agustín Hernández afirmou que no ano 2012 poderase chegar desde Santiago ao Testal, a través dunha vía de altas prestacións, atravesando a ponte de Noia, “e tamén –dixo- poderemos chegar desde Santiago ao Freixo da mesma forma”. “Deste xeito, aqueles máis de 110 minutos en chegar de Santiago a Muros, pasarán a ser escasamente 40 minutos. Máis dunha hora de aforro nas comunicacións da ría con Santiago”.

Relacionadas:


Escolleira: Adega fala de chafallada administrativa



Escolleira: Portos cede. Costas vaina retirar

Betanzos porto xacobeo
Portus Apostoli: a Xunta segue a ignorar Noia como tal



Variante: os socialistas insisten coa súa dubidosa adxudicación

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical