Para presentar esta iniciativa participaron na tarde de onte a concelleira de Educación, Juana Ermitas Crugeiras; o director do Conservatorio Profesional, Álvaro López González, e as dúas profesoras responsables de levar a cabo esta actividade: Susana Martínez Lustres e Teresa Bretal Martínez.
A finalidade da escola é introducir aos rapaces do concello dende moi cedo no mundo da música, buscando así que esta forme parte imprescindible das súas vidas. Ademais, os alumnos recibirán na escola unha preparación previa sumamente axeitada para despois optar a desenvolver os estudos oficiais do Conservatorio Profesional.
A escola consta de cinco cursos: bebé música 1 (para nenos de 2 anos), bebé música 2 (3 anos), música e movemento (4 e 5 anos), iniciación musical 1 (6 anos) e iniciación musical 2 (7 anos).
No seu programa inclúese o traballo corporal, auditivo, vocal ou psicomotriz, ademais doutros compoñentes de índole social e emocional.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario