2.11.10

Porto do Son: os comuneiros de San Pedro de Muro idearon varias alternativas para o seu campo de fútbol

Porto do Son, 2 de novembro de 2010. A comunidade de montes en man común de San Pedro de Muro, en Porto do Son, presentou na súa última asamblea, o pasado 31 de outubro, os novos usos que poderían darlle ao seu esquecido campo de fútbol (non foron quen de reactivalo). Entre outras cousas, o lugar podería convertirse nun mirador á Ría de Arousa, con cafetería, cun anaquiño para xogos tradicionais como bolos ou billarda e tamén podería contar cun centro de interpretación. Para os que aínda botan de menos o deporte do balón, tamén quedaría espazo para un campo de fútbol 7 (hai menos que correr, e é máis doado facer equipos).
Non sabemos aínda o que farán, nin cando poderán materializar todas estas ideas, pero felicitamos a esta comunidade de montes por esta iniciativa, que agardamos copien moitas máis comunidades de montes que teñen espazos baleiros e sen aproveitar para o lecer dos veciños.

Bitácora da Comunidade de Montes de San Pedro de Muro:
http://sanpedro.blogaliza.org/

Download now or preview on posterous
Campo Futbol Muro.pdf (2650 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical