Queres participar neste magosto? Pois a levar as túas castañas! Ribeira, 16 de novembro de 2010. O programa de difusión do Banco de Tempo de Rbveira, actividade dependente do CIM (Centro de Información á Muller), ten no Parque Periurbano este sábado día 20 de novembro unha nova cita. A partir das 12 do mediodía organízase un magosto no que tomarán parte os socios do Banco do Tempo, así como todos os que teñan interese en recibir información sobre esta iniciativa de intercambio de pequenas tarefas por tempo.
Cada participante deberá levar castañas e algo para beber. Así mesmo, no transcurso do magosto exporanse distintas receitas de postres típicos de Galicia elaborados con castañas. A actividade rematará en torno ás 14 horas
Os interesados en participar só teñen que pasarse polo parque periurbano.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario