15.12.10

Boiro: Verdegaia presenta o documental "Gran Superficie" este venres 17 no centro social

Boiro, 15 de decembro de 2010. O venres 17 de decembro Verdegaia vai presentar ás sete e media da tarde no Centro Social do Concello de Boiro o documental "Gran Superficie", de Ecologistas en Acción. A dita proxección invítase á cidadanía en xeral do Concello. Durante a proxección vaise debater e reflexionar sobre ás nosas actitudes e comportamentos fronte ao consumo, "especialmente nun Nadal en tempos de crise", explican dende esta organización ecoloxista.


"Interésanos particularmente a participación da xuventude e de aquelas persoas que teñan responsabilidade na educación como o profesorado ou as familias. Por este motivo, estamos a invitar expresamente ás ANPAs do Concello e aos centros de ensino. Queremos que o documental sirva para reflexionar sobre o impacto que a publicidade ten nas nosas vidas, a influencia das marcas no noso comportamento persoal ante as demais persoas, a importancia da educación no consumo e a súa influencia de cara a frear o consumismo, a posta en valor do consumo de proximidade, e mesmo da influencia do consumo na nosa (in)felicidade", aclaran.

O documental consta de oito capítulos: I. Publicidade, II. Estratexias, III. Alimentación e estética, IV. Educación, V. Consumo, VI. Grandes superficies, VII. Contorna, e VIII. Infelicidade.

A entrada é de balde.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical