Dodro, 15 de decembro de 2010. Este vindeiro sábado 18 a concellaría de Deportes de Dodro ten prevista unha xornada de solidaridade no pavillón polideportivo. Búscase que as veciñas e veciños leven alimentos non perecedeiros para unha campaña solidaria coa que axudar aos que menos teñen. Entre estes víveres pódense atopar conservas de todo tipo, legumes como lentellas ou aceite.
Haberá un campionato de fútbol de 2x2 de 14:00 a 16:30, xogos con porterías inchables, unha clase de Cardio Dance, un partido de liga cadete de voleibol e unha gimkana en bicicleta para os máis pequenos. Se chove suspéndese.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario