Rianxo, 21 de decembro de 2010. Desde comezos desta lexislatura o grupo municipal do BNG ten solicitado en varias ocasións o cumprimento do establecido nas leis e que prevé ceder nas casas do concello locais para que os concelleiros dos distintos grupos do BNG poidan xuntarse con veciños con medios materiais para facelo.
"Son catro anos de darnos longas: non hai sitio, agora estamos en obras, cando rematen, cando abramos os antigos xulgados... A sorpresa e indignación do BNG é maior cando vemos que os antigos despachos de urbanismo, na planta baixa do concello, desocupados logo do traslado deste servizo, están ocupados como garaxe das motos da policía local", explican.
"Sabemos agora de que lle ten maior estima ao futuro das motos que ao cumprimento das leis pero instarémoslle a que tome medidas e que non siga pensando na Casa do Concello como o seu couto privado. Logo das obras pagadas cos impostos de todos e todas non ten excusa para incumprilas como non sexa o desprezo e o querer afastar aos grupos municipais do seu traballo cos veciños como fiscalizadores do desgoberno do executivo do PSOE", argumentan dende o Bng local, que tamén aportan na súa nota de prensa o artigo 27 do reglamento de entidades locais, por se o actual grupo de goberno non soubera del:
Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de organización, funcionamiento y régimen jurídico de las Entidades locales.
En la medida de las posibilidades funcionales de la organización administrativa de la entidad local, los diversos grupos políticos dispondrán en la sede de la misma de un despacho o local para reunirse de manera independiente y recibir visitas de ciudadanos, y el Presidente o el miembro de la Corporación responsable del área de régimen interior pondrá a su disposición una infraestructura mínima de medios materiales y personales.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario