Tras 3 días de expedición o alpinista coroou a cima máis alta de América. Prevé regresar a Galicia antes da Noiteboa.
Ribeira, 21 de decembro de 2010.- Xa se pode dicir que o teito do continente americano foi conquistado polo Concello de Ribeira. O pasado mércores día 15, o alpinista Andrés Villar Murillo, en compañía do seu colega Ramón Figueira, chegou por fin á cima do monte Aconcagua tras tres días de escalada, e a bandeira de Ribeira, cuxo Concello é o patrocinador da expedición, puido ondear no cumio da emblemática montaña. Quedará para o recordo no alto deste enclave arxentino a praza de Ribeira con que Andrés Villar bautizou un recuncho da súa orografía. Villar comentou que a cita co cumio desta montaña, de 6.962 metros de altitude, debería ter sido o domingo 12, "pero as condicións climatolóxicas foron tan extremas que preferimos actuar con prudencia e agardar uns días antes de atacar a cima". De feito, Andrés Villar informa de que o 70% dos montañeiros que a escalaron nesas datas tan adversas descenderon con serias conxelacións.
Por esta razón, en lugar de establecerse no campamento 1 que instalaron o sábado a 5.300 metros de altura, deixárono semiequipado, con pedras enriba, e regresaron ao campamento base á espera de que aminorasen os ventos de 150 km/h que imperaban naquel arisco lugar, chamado Nido de Cóndores. Unha vez de volta o luns, atoparon a tenda de campaña semisoterrada na neve despois dunha intensa búsqueda e puideron pasar nela a primeira noite. Ao día seguinte, martes, Andrés Villar e Ramón Filgueira chegaron á zona coñecida como Berlín para montar o campo 2, a 5.850 metros de altitude. A intención era iniciar o ataque á cima ás 6 horas do día seguinte, xa que as previsións meteorolóxicas anunciaban que o mal tempo regresaría o mércores, pero o frío reinante impediulles deixar a tenda ata as 8 da mañá. Unha vez chegados á cota de 6.000 metros, en Independencia, atopáronse con outras expedicións que habían iniciado o ascenso ás 2 da madrugada. Tras un breve descanso e algo de hidratación, Villar e Filgueira proseguiron o seu camiño atopándose con outros montañeiros que estaban dando volta por mor dunha meteoroloxía á que non estamos afeitos aquí, na que se mesturaban néboa, neve e sol. Afortunadamente, unha vez chegados á zona de Canaleta, a 6.500 metros de altura, sopraban ventos de tan só 25 km. por hora e temperaturas de pouco máis de 10 grados baixo cero. Non obstante, estaban ante a zona máis difícil e vertical, onde se deixa sentir ademais a falta de oxíxeno. Pero tras numerosas paradas e moito esforzo, puideron alcanzar o cumio ás 13.30 horas.

Peripecias

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario