Ademais, o voceiro do Grupo Parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, foi galardoado co premio Deputado do Ano que, por terceiro ano consecutivo, concederon os xornalistas galegos que habitualmente cobren a información da Cámara galega. Salientouse a súa profundidade nos debates económicos durante esta lexislatura marcada pola crise. Ao deputado Ismael Rego déuselle o premio honorífico á carreira política, pois é agora un dos deputados que máis leva sentado no Parlamento, dende 1986.
Estes premios concédenos unha vintena de xornalistas de 15 medios de comunicación entre os que non está Certo -nin falta que fai, tamén o sinalamos-. O "Minuto de Ouro" levouno o mesmísimo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola súa poética "¿Que é crise? ¿E ti pregúntasmo? Crise es ti" que lle dixera a Pachi Vázquez nunha arroutada becqueriana-parlamentaria.
O premio ao "Residente Ausente", que o ano pasado levara Touriño, foi parar ás fileiras do PP, ao deputado Carlos Negreira, que hoxe si que estaba para a foto, aínda que adoita faltar bastante ao seu posto no Parlamento. O galardón á "iniciativa peregrina" foi para todos, nunha evidente crítica ao nunca cumprido pacto antitransfuguismo. Recolleron este galardón, como se ve nas imaxes, o popular e candidato á alcaldía de Allariz Antonio Rodríguez Miranda, a socialista Mar Barcón e o nacionalista Alfredo Suárez Canal.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario