A proposta foi realizada polo Club Suh Sport, que tamén foi galardonadoBoiro, 11 de febreiro de 2011. A Federación Galega de Taekwondo vén de comunicar ao Concello de Boiro a concesión do premio “Taekwondo Galego 2010” na categoría de Concello máis colaborador, “pola súa labor na promoción, difusión e apoio á labor da Federación Galega de Taekwondo”. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e a Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, mostraron a súa satisfacción por este recoñecemento, así como o seu agradecemento polo distintivo tanto á federación como ao Club Suh Sport de Boiro, pois foi esta entidade a que fixo a proposta para os Premios Rexionais 2010. Nesta candidatura, o Club Suh Sport Boiro, que preside Víctor Costado Lima, solicita a mención honorífica para o Concello de Boiro “pola colaboración prestada durante o ano 2010 e tódolos anteriores con este club de taekwondo, e en consecuencia con este deporte, xa que a axuda prestada sempre foi incondicional”. Como proba disto, o Concello de Boiro sinala que ao longo do 2010 celebráronse en Boiro varias actividades, nas cales participou o Concello de Boiro (dous campionatos, Copa Xunta de Galicia e Deporte Escolar da Coruña, dúas exhibicións de taekwondo e un exame no que participaron un cento de nenos), ademais de que o Club Suh Sport recibe a subvención anual do Concello de Boiro destinada a entidades deportivas, e de que oito deportistas do Club percibiron unha beca do Concello polos seus méritos deportivos. Igualmente, a entidade boirense destaca a axuda e colaboración do departamento técnico de Deportes do Concello de Boiro.
Centro social de CaixaNova, antes que se fusionase con Caixa Galicia O Club Suh Sport recibirá o premio ao mellor club da provincia da Coruña. A gala de entrega dos galardóns terá lugar o vindeiro sábado, día 19 de febreiro, ás 19.00 horas no auditorio do Centro Social Novacaixagalicia, en Vigo.
Centro social de CaixaNova, antes que se fusionase con Caixa Galicia O Club Suh Sport recibirá o premio ao mellor club da provincia da Coruña. A gala de entrega dos galardóns terá lugar o vindeiro sábado, día 19 de febreiro, ás 19.00 horas no auditorio do Centro Social Novacaixagalicia, en Vigo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario