Ribeira, 24 de febreiro de 2011. O vindeiro sábado 26, ás doce do mediodía, no medio da Praza do Obradoiro, a Fundación Equanimal vai facer unha acción simbílica na que uns integrantes de Equanimal formarán un contador humano no que se amosará en tempo real o número de animais mortos nos matadoiros do mundo durante 33 minutos, baixo o lema "Pon fin ao holocausto dos animais: Faite vegan@ -100% vexetarian@".
Segundo os cálculos da Organización Internacional para a agricultura e a gandeiría (FAO), en 33 minutos morren tantos animais nos matadoiros para consumo humano como o número de víctimas en todo o o Holocausto nazi. Salvando as distancias, Equanimal busca promover o veganismo, xeito de vida que non emprega animais na alimentación nin noutros ámbitos. Equanimal insiste en que non é ecoloxista, senón unha organización que defende os dereitos dos animais.
Relacionada:
Fotodenuncia: cadáveres de raposos abatidos a tiros ao pé do Parque Natural de Corrubedo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario