Non faltará misa solemne na igrexa de Santiago do Deán
A Pobra do Caramiñal, 25 de febreiro de 2011. O vindeiro día 29 de abril terá lugar no pavillón polideportivo de Venecia o tradicional Xantar de Confraternidade da 3ª Idade que o Concello da Pobra do Caramiñal celebra cada ano. O programa de actos será o seguinte: Ás 12:00 – Recepción de autoridades no concello coa asistencia, como vén sendo habitual, da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o Alcalde e demais autoridades. Ás 12:30 – Misa Solemne na igrexa parroquial de Santiago do Deán (Castelo). Ás 14:30 – Xantar de Confraternidade no pavillón polideportivo de Venecia. Ao remate haberá baile amenizado pola orquestra Odisea.
Para anotarse: dende o luns 28
Calcúlase que asistirán máis de 1.000 persoas e para anotarse ao xantar deberán pasar a partir do vindeiro luns día 28 de febreiro polas oficinas do concello ou polo centro sociocomunitario.
Excursión a Santiago o 1 de abril
Noutro orde de cousas, o vindeiro 1 de abril programouse unha excursión a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia, onde serán recibidos os participantes pola Presidenta do mesmo, Pilar Rojo que exercerá de cicerone das instalación. Posteriormente irase á Cidade da Cultura onde se poderán visitar os edificios xa inaugurados, Arquivo e a Biblioteca de Galicia. Os interesados en asistir a esta excursión poden acudir para anotarse ás oficinas do concello a partires de vindeiro luns día 28 de febreiro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario