"A Xunta, ao facer determinados nomeamentos de altos cargos, parece que está poñendo aos raposos a coidar do galiñeiro”, dixo hoxe no Parlamento Lage Tuñas, quen entende que "a veces a consellería que dirixe Hernàndez parece unha empresa onde entran e saen homes de negocios"
Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas
Cargos públicos respaldados por Louzán
O deputado socialista lembrou que no pasado xuño de 2010, Evaristo Juncal foi cesado do seu posto como Xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras en Pontevedra. Alí explicou como os medios de comunicación social destaparan que Juncal “levaba moitos anos evadindo o pago do imposto de bens inmobles”, xa que estivo 24 anos sen pagar o IBI. Tamén explicou que se lle abriu un expediente “pero nunca mais se soubo del”. E preguntou si o Goberno de Feijoo coñecía esta situación cando foi nomeado. José Manuel Lage entende que "a veces a consellería que dirixe Hernàndez parece unha empresa onde entran e saen homes de negocios, un departamento adicado ao control da legalidade urbanística que pon na xefatura territorial de Pontevedra a persoas con vinculos cos negocios urbanísticos". Lembrou as noticias que relacionan ao sustituto de Juncal na Consellería con empresas vencelladas á trama Gürtel e dixo que “ esta situación xera alarma social e o goberno debe poñer luz sobre este tipo de asuntos xa que o contrario deixa á administración galega baixo sospeita”. O deputado socialista asegura que a práctica política ten que ir acompañada do cumprimento da legalidade e do comportamento ético na función pública de servizo á cidadanía.Lage Tuñas pide “ao goberno galego que aclare si o recentemente nomeado xefe territorial de Territorio de Pontevedra é compatible no seu posto coa práctica política que pregoa o Sr. Feijóo nos seus discursos. Xa sabemos que o anterior o Sr. Juncal, presidente actual do PP de Caldas de Reis, está en fóra de xogo e tivo que ser cesado, agora o caso é saber si o seguinte non se atopa nunha situación parecida”. “É chamativo que sempre que se fala de nomeamentos de Medio Ambiente e Urbanismo na provincia de Pontevedra sae a relucir o cóctel explosivo que forman Louzán, presidente da Deputación, o conselleiro Hernández e os xa citados xefes territoriais, un destituído e outro recentemente nomeado”, relataba Lage Tuñas. O blog Cousas de Sanxenxo amplía o cóctel nunha persoa máis: Telmo Martín, ex alcalde de Sanxenxo e agora alcaldable do PP por Pontevedra.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario