8.3.11

Política: o Psoe considera "ataque aos dereitos constitucionais" que se excluíran máis de 150 empregados públicos nas eleccións sindicais de Sanidade

61618-POP Exclusión traballadores nas eleccións sindicais función pública Sergas.pdf Download this file

Lage Tuñas acusa ao director xeral da Función Pública de "carente de cultura democrática" e cualifícao como "novo recordman das irregularidades na Administración pública galega"


Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2011. O portavoz de Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage revelou hoxe que máis de 150 traballadores e traballadoras da Consellería de Sanidade foron excluidos pola Dirección Xeral da Función Pública do censo electoral para elexir aos seus representantes.

Lage Tuñas explicaba hoxe que “non van poder votar por non estar incluídos no censo por parte do Director Xeral da Función Pública que está convertíndose no recordman das anomalías e irregularidades na administración pública galega”.

“Os empregados públicos dos servizos centrais de Sanidade que teñan o comezo do seu primeiro apelido entre a letra A e a letra M non poderán exercer o seu dereito ao voto se o Director Xeral da Función Pública non rectifica unha decisión arbitaria, inxusta e contraria aos dereitos constitucionais”, expón o deputado socialista.

“Un erro informático tamén deixou fóra do censo a todo o persoal estatutario que ocupa prazas na relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e dos Servizos Centrais do Sergas.” explica José Manuel Lage- que ao mesmo tempo recorda que “a deixadez da Dirección Xeral da Función Pública foi tal que nin colgou os censos nos taboleiros de anuncios do edificio administrativo correspondente para que o persoal puidera comprobar si estaba ou non no censo.”, prosegue Tuñas, quen entende que “é intolerable que un alto cargo da Xunta de Galicia intente impedir a participación da metade do censo de traballadores públicos nunhas eleccións sindicais, o que amosa unha clara falta de “cultura democrática” e respecto á Constitución.”

“Pídolle ao sr. Rueda, conselleiro de Presidencia e Administracción Pública que poña freo a esta vulneración dos dereitos dos empregados públicos. José María Barreiro, director xeral de función pública, está privando dos seus dereitos á metade do censo de traballadores dos servizos centrais da consellería de Sanidade e do Sergas”, prosegue Lage, para quen “a función pública está dirixida por un señor carente de cultura democrática e que pisotea a legalidade constantemente. É o novo recordman das irregularidades na administracción pública galega”.

Dende o PSdeG considérase que “a exclusión de máis de cento cincoenta traballadores das eleccións sindicais a celebrar o 14 de marzo nos servizos centrais da consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde é a penúltima tropelía cometida polo Sr. Director Xeral da Función Pública.”

Lage Tuñas remata explicando que “as continuas anomalías e irregularidades na xestión da función pública galega son unha constante nos dous primeiros anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia. Ao mellor debería facerse mirar este problema o Sr. Presidente, xa que o descrédito ao que están levando a xestión da función pública alcanza cotas insuperables”.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical