No concerto estréanse dúas obras de Antón Alcalde, unha delas adicada ao alemán de Camelle, que morreu de pena pola catástrofe do PrestigeRianxo, 28 de abril de 2011. A Escola de Música de Rianxo comprácese en convidar a todo o mundo ao Concerto de VIII Aniversario da Banda. Terá lugar o domingo 1 de maio ás 12:00h no Auditorio rianxeiro. Nesta ocasión, o concerto estará dedicado ao mar e ás súas xentes. O programa do concerto "O MAR FEITO MÚSICA" será:-Lembranzas do Mar (Antón Alcalde).
-Elexía Mariñeira* (Antón Alcalde).
-A Tormenta Perfecta (James Horner).
-Man, o ermitán de Camelle* (Antón Alcalde).
-Songs of the sailor and the sea (Cancións do Mariñeiro e o Mar)(Robert W. Smith).
-A Manuela,a xeiteira invencible (Antón Alcalde).*Estreas absolutas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario