4.4.11

Ribeira: o programa de saídas culturais para maiores inclúe seis roteiros este ano

Sadas_culturais

Dende Santiago ata Madrid, as Médulas e León, Illas Cíes, A Mariña de Lugo e San Andrés de Teixido

Ribeira, 4 de abril de 2011.- A concelleira de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, María Esther Patiño Rey, presentou hoxe o programa de Saídas Culturais organizado polo Departamento de Servizos Sociais para os maiores do municipio.

Segundo informou a edila, Santiago de Compostela será o primeiro punto de destino cunha excursión que se celebrará o vindeiro 15 de abril e incluirá  a visita dos Xardíns dos Pazos e da Cidade da Cultura. O prazo de inscrición para esta viaxe comeza no día de hoxe e rematará o día 8. O prezo é de 25,20 euros por persoa.  

Todos os interesados en participar nesta ou nas outras cinco viaxes incluídas na programación deben cumprir os requisitos establecidos (é dicir, estar empadroado en Ribeira e contar cunha idade igual ou superior aos 60 anos, ou ben ter 55 ou máis e estar xubilado) e entregar as súas solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa de Correos nº5 de Santa Uxía (números de teléfono 981 874 131 e 981 873 409).


A segunda das viaxes terá como destino Madrid e se celebrará entre o 6 e o 9 de maio. O seu prezo é de 212,10 euros e o prazo de inscrición terá lugar do 25 ao 29 de abril.


Media_httpfarm6static_meryu

A seguinte viaxe será ás Médulas e A León e desenvolverase nos días 8 e 9 de xuño. O prezo é de 90,30 euros e o prazo de inscrición abrangue entre o 30 de maio e o 3 de xuño.

A antepenúltima das excursións partirá rumbo ás Illas Cíes. Celebrarase o día 15 de xullo por un prezo de 39,20 euros. O prazo de inscrición ábrese o 4 e péchase o 8 de xullo.

Para o día 19 de agosto está prevista unha ruta pola Mariña Lucense. O seu prezo é  de 28,70 euros e os prazos de inscrición, entre o 8 de xuño e o 12 de agosto.

A última saída cultura será a San Andrés de Teixido o día 16 de setembro. O seu prezo é de 27,30 euros e os prazos de inscrición, entre o 5 e o 9 de setembro.

Cabe lembrar que as inscricións realizaranse como máximo para dúas persoas. O prezo inclúe autobús, entrada en museos, guía durante todo o percorrido, comida e seguro de viaxe.

As prazas serán adxudicadas por estrito orde de chegada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical