Na concentración estivo o parlamentario outiense Lage TuñasRibeira, 4 de abril de 2011. Hoxe concentráronse na porta do Hospital da Barbanza os integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza. Segundo explicaron, queren "evitar a intención da Consellería de Sanidade de privatizar o Servicio de Diálise do centro, e adxudicarlle a súa xestión a unha Fundación totalmente privada. Se esto ocorre, os doentes-usuarios deste servizo serán atendidos en condicións inferiores ás prestadas na actualidade cun servicio dependente o 100% do Servicio Galego de Saúde".
Dende a Plataforma, que está integrada por diversas asociacións plurales da comarca da Barbanza, Sindicatos e Partidos Políticos, teñen pensado realizar máis mobilizacións para acadar os seus obxetivos, sendo o fundamental a loita frente a privatización.Máis información no weblog:http://plataformabarbanza.blogspot.com
Nota do Psoe:
-O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”.
-”O Partido Popular está preparando a privatización do servizo de diálise, e non imos a quedar calados." asegurou José Manuel Lage.
-”Vese con claridade que o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar polos servizos públicos” explicaba José Manuel Lage. Ribeira, 4 de abril de 2011. O portavoz de Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage participou hoxe na concentracion de protesta contra a posible privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza. Lage Tuñas dixo hoxe que “o PP está ensaiando no hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais ”. A concentración de protesta foi organizada polo comité de empresa do hospital do Barbanza e pola plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza. O deputado socialista leva xa presentadas varias iniciativas parlamentarias en defensa da calidade asistencial do hospital do Barbanza e da mellora dos recursos económicos e de persoal neste centro hospitalario. O Comité de Empresa do Hospital do Barbanza daba conta fai días da visita de técnicos dunha entidade privada para coñecer o funcionamento actual do servizo de diálise do complexo hospitalario asentado en Ribeira (A Coruña) co obxecto de facerse cargo da xestión do citado servizo. O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”. “Posto que foron os propios responsables do SERGAS os que deron crédito á posibilidade de que unha fundación privada se faga cargo dun servizo público do hospital, os socialistas galegos aquí estamos para defender o servizo público sanitario e a ampliación do mesmo para evitar que os cidadáns da comarca teña que desprazarse ao hospital a Santiago” explicou hoxe José Manuel Lage, deputado socialista no parlamento de Galicia. O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista desprazouse hoxe á localidade de Ribeira par participar concentración diante do hospital para defender a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza pero “sin privatizalo”. ”O Partido Popular está preparando a privatización do servizo de diálise, e non imos a quedar calados." asegurou José Manuel Lage ao tempo que engadiu que “ vese con claridade que o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar polos servizos públicos”
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario