4.4.11

Noia: o Bng esixe que se reparen as vías de servizos afectadas pola nova estrada a Santiago, no tramo que corresponde a Noia


Noia, 4 de abril de 2011. Os concelleiros do BNG, Bieito González e Xosé Bernaldo Castro, denunciaron hoxe en rolda de prensa, realizada no lugar de Sampaio, o abandono da empresa que estaba a realizar as obras de reposición de camiños de servizos, recollida de augas e acceso ás fincas privadas. A marcha da empresa en cuestión coincideu co remate do pasado mes de marzo. Os concelleiros puxeron de manifesto que, segundo o proxecto técnico, “hai 7.800 metros lineais de camiños de servizos, e que moitos tramos dos mesmos debían ir perfectamente asfaltados, sobre todo aqueles nos que existe unha forte pendente a fin de garantir a súa perduravilidade ao longo do tempo, e en definitiva que sexan transitables”, non sendo así ata o momento.


Tamén afirmaron que hai unha chea de propiedades sen acceso ás mesmas, incluso “unha de propiedade municipal, sita no lugar de Sampaio, á que se accedía directamente desde a estrada vella, sendo agora imposible facelo ao ter que dar un rodeo de preto de dous quilómetros”. Do mesmo xeito explicaron que hai unha morea de deficiencias nas recollidas das augas, que se non se corrixen ocasionarán no futuro múltiples dificultades. Reprocharon ao goberno local de Noia o feito de non ter posto en marcha "con verdadeira vontade de facer algo, a Comisión de seguimento das obras da estrada Noia-Santiago” aprobada polo Pleno do Concello en novembro de 2009, a instancias do propio BNG; así como a falta de control, nesta materia concreta, da Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras. Informaron que na Xunta de Voceiros, a celebrar na tarde de hoxe, poñerán no coñecemento da mesma os feitos que denuncian, sen desbotar presentar unha iniciativa diante do Pleno do Concello, e mesmo ante o Parlamento Galego.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical