Este mesmo mes está previsto que comecen as obras para retirar este lixo Noia, 4 de abril de 2011. O Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño avalía de xeito favorable o proxecto de derrubo da canle da escolleira de acceso á Ría de Noia, segundo recolle a Declaración de Impacto Ambiental que sae hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE). A resolución esixe que se manterá informado ao sector pesqueiro e marisqueiro das actividades de derrubo para evitar interferencias non desexables, así como o control de calidade das augas previsto no Plan de Vixiancia Ambiental confirmará que as obras non producirán afeccións sobre estes recursos. Entón, "sempre e cando se autorice na alternativa escollida e nas condicións deducidas do proceso de avaliación, quedará adecuadamente protexido o medio ambiente e os recursos naturais. O obxecto do proxecto é retirar as actuais escolleiras de
encauzamento do esteiro da ría de Muros-Noia coa fin de facilitar a recuperación dos calados orixinais da zona e a rexeneración natural das praias situadas a ambas marxes da ría, ademáis de corrixir o impacto visual e ambiental causado por estas infraestruturas. As escolleiras, segundo relatan fontes do citado Ministerio, foron construidas co propósito de facilitar labores de
navegación, pero a progresiva acumulación de lama no arredor propiciou a súa inoperancia para estes labores. Na actualidade a canle de acceso de embarcacións non ten utilidade algunha para a navegación, dado que non existe actividade comercial ou pesqueira no porto de Noia que xustifique a súa presencia. O promotor é a Dirección General de Sostenibilidad de la Costa e Mar do MARM. O proxecto contén un estudo da hidrodinámica da zona do peirao de Noia, que contempla os principais cambios que a demolición das escolleiras pode producir na dinámica litoral desta área. Os resultados indican que producirá un aumento xeral do fluxo mareal na enseada de Noia, desprazando as
correntes que enchen e baleiran os arredores da zona, ocupada actualmente por diques. Como consecuencia deste aumento de fluxo, vaise producir unha limpeza parcial dos sedimentos de finos acumulados no entorno das escolleiras, redundando nunha mellora da calidade das aguas. Coa fin de evitar efectos sinérxicos indesexados, as obras de demolición proxectadas deberán coordinarse coa construción do viaduto sobre a ría de Muros-Noia, cuxa execución depende da Dirección General de Obras Públicas da Xunta de Galicia, co obxectivo de que os efectos acumulativos entre ambas actuacións resulten ser os mínimos posibles. Unha vez que se completen todos os traballos de demolición da escolleira e de retirada de cascallos das zonas de Punta de Testal e A Chaínza vaise, sempre segundo o Ministerio, constatar unha mellora da calidade visual de toda a zona final da ría de Muros-Noia, ao eliminar elementos de orixe antrópico alleos á paisaxe natural. O estudo de impacto ambiental inclúe un programa de vixiancia ambiental no que se detallan especificacións necesarias para o seguemento das obras. Antes publicamos:
Escolleira: aprobada a Declaración de Impacto para retirala toda
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario