Boiro, 31 de maio de 2011. Onte, o grupo de Teatro da APA Loureda do Centro STª Mª do Castro estreou unha versión moi orixinal de Carapuchiña Vermella. O grupo de teatro, integrado polos alumnos/actores Miguel Lomba, Samuel Places, Pablo Ozores, Marta Ozores, Clara Muñiz, Antía Vidal, Marta Armental, Salomé Iglesias, Adriana Diéguez e Tania Vidal e dirixida pola actriz boirense, Marta Ríos, amosaron as súas dotes escénicas ante o público asistente. A sala estaba ateigada, e os pequenos, a pesares dos nervios, non defraudaron o seu público dado que ao remate da representación os aplausos e os bravos foron unánimes entre todos os presentes, co que houbo que repetir a obra. A representación é o resultado final do programa de actividades extraescolares que a APA Loureda puxo en marcha a principios de curso co fin de conciliar a vida familiar e laboral. A APA intenta incluír esta actividade dado que, á vez que é divertida para os cativos, amósase unha parte pedagóxica que os alumnos poñen en práctica sen se dar conta. Así trabállase a dicción, as relacións sociais e a perda de medo a falar ou a ler en público, a expresión corporal, etc., cualidades, actitudes ou aptitudes que nun futuro lle poderán ser moi útiles os nosos pequenos. Á parte de teatro, a APA vai organizar obradoiros de informática, debuxo e pintura, que escolleron os alumnos preferentemente.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario