Boiro, 9 de maio de 2011. O próximo venres, 13 de maio, ás 8 e media da tarde a Plataforma pro Sanidade Pública da Barbanza empraza a todo o mundo para unha nova manifestación no concello de Boiro, a saída é dende o Concello co lema "Non á privatización do Servizo de Diálise do Hospital da Barbanza". Nesta ocasión contan tamén co apoio de Sos Sanidade Pública. Na pasada manifestación que a Plataforma organizou en Ribeira acudiron máis de 2000 personas, marcándose así un antes e un despois na sociedade barbanzana, xa que todo o concello de Ribeira se mobilizou, acompañado por asociacións e veciños de toda a comarca da Barbanza e mesmo os integrantes da Plataforma de Ourense.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario