Ribeira, 18 de maio de 2011. O Conservatorio Profesional de Música informa de que o prazo para formalizar a matrícula necesaria para poder presentarse ás probas de acceso ao primeiro curso do grao elemental terá lugar do 18 de maio ao 3 de xuño, ambos inclusive.
A proba de acceso propiamente dita terá lugar o día 20 de xuño pola tarde, a partir das 17.00 horas. Cabe lembrar que, por lei, para poder optar a asistir a este primeiro curso hai que ter entre 8 e 14 anos (cumpridos durante o ano 2011) e presentarse a unha proba de acceso, que consta de exercicios moi básicos e sinxelos co fin de valorar aspectos como a psicomotricidade, a entoación, o ritmo, etc...
A matrícula deberá realizarse nas oficinas do centro en horario de mañá. É necesario presentar dúas fotos e fotocopia do DNI ou, en caso de non ter DNI, fotocopia do libro de familia.
Tamén é preciso elixir tres instrumentos, dos que se ofertan no conservatorio, por orde de preferencia. Como as prazas son limitadas, adxudícanse pola orde da puntuación acadada na proba de acceso, polo que se algún alumno non pode optar á primeira opción escollida, daráselle praza na segunda e se é o caso na terceira.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario