Alcaldes, directores de ensino, mestres e ONGs forman a comitiva Ribeira, 30 de maio de 2011.- Unha delegación italiana de quince persoas (formada por alcaldes e outras autoridades, directores de escola, profesores e representantes de ONGs, todas elas procedentes da rexión de Bari) recalarán mañá no municipio de Ribeira para cumprir unha intensa axenda de traballo, no marco do programa europeo bilateral Comenius Regio “A resolución pacífica de conflitos a través da mediación educativa”, que chega ao seu tramo final despois de dous anos de funcionamento. Para falar da visita compareceron hoxe na Casa do Concello a primeira tenente de alcalde en funcións, Dolores Elorduy; a concelleira de Educación, Juana Ermitas Crugeiras; o coordinador pedagóxico do programa, Olegario Sampedro; e a presidenta da Asociación Renacer, María González. Cabe recordar que esta iniciativa foi promovida inicialmente polo Concello co obxectivo de fixar unha serie de mecanismos dirixidos á resolución pacífica de conflitos no ámbito educativo. Para a súa posta en marcha recibírase asesoramento da Universidade de Cádiz e acadouse a implicación de todos os centros de ensino de Secundaria do municipio (IES Número 1, Coroso e Leliadoura, os colexios Galaxia, Milagrosa, Bayón e Sagrado Corazón), ademais da Asociación Antidroga Renacer e do propio Concello. Máis tarde logrouse que esta exitosa experiencia fose incluída nun programa Comenius Regio, en colaboración coa rexión de Bari (na que están implicados os concellos de Vieste, Vico do Gargano, Bari e Peschici). A de mañá será a segunda expedición italiana que visita Ribeira no marco do programa, despois da acontecida en marzo de 2010. O mércores será recibida en acto oficial polo alcalde, no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Ademais, terán ocasión de coñecer a realidade económica e industrial do municipio, con visitas programadas a distintos enclaves como a lonxa, a empresa conserveira Frinsa ou ao parque periurbano de San Roque, no que terán oportunidade de coñecer o funcionamento do obradoiro de emprego Airoas. Tamén terán ocasión de visitar o colexio Bayón, o IES Leliadoura e o IES Número 1, ademais da UAD.
Un dos apartados máis salientables da visita será o programa de conferencias que, nas tardes do mércores e o xoves, a partir das 17 horas, van impartir distintos membros da comitiva na Aula Multimedia (no paseo do Malecón). Así, o mércores pola tarde desenvolveranse as seguintes charlas: “A loita contra a mafia: as asociacións antiraket”, a cargo de Vittoria Vescera, da Asociación Antiraket de Vieste; “Como funciona o centro de mediación escolar de Liceo Clásico Virgilio de Vico do Gargano”, a cargo do doutor Villani do Liceo de Vieste; “Grupo de continuidade e contraste de conflitos para unha acción resolutiva nas dificultades na escola”, a cargo das relatoras Carmela Partenostro e Nunzia Di Terlizzi do Concello de Bari; e “Saber escoitar as razóns dos outros para facer da mediación un estilo de vida”, por Giuseppe D’Avoglio, director do Liceo Clásico Virgilio de Vico do Gargano. O xoves terán lugar os relatorios “A Asociación Astrea: o anti-stolking. Acoso”, pola profesora Mariangela Solitro, do Liceo de Vieste; “Regulamento do centro e xestión dos conflitos na clase”, pola profesora María Clementina Siena, do Liceo Clásico Virgilio de Vico do Gargano; “Programa escolar de seguridade na estrada”, polo profesor Pino Corso do Liceo de Vieste e “Alternancia Escola-Traballo”, da profesora Maria di Vieste, do Liceo de Vieste. O responsable da UAD do Concello, Jesús Cartelle, será o encargado de dar remate ao programa cunha conferencia de clausura.
A expedición italiana aínda terá tempo de realizar outras visitas de carácter turístico, como as programadas por Ribeira, A Curota, Corrubedo e O Vilar (venres 3 de xuño pola mañá), Castro de Baroña (vernes pola tarde), a illa de Sálvora (sábado pola tarde) e Santiago de Compostela (domingo). O luns 6 de xuño regresarán ao país transalpino.
Programa de conferencias

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario