Noia, 10 de xuño de 2011. A concelleira Sofía Caamaño Lado e o concelleiro Bieito González, electos polo BNG nas últimas eleccións do 22 de maio, votarán a investidura como alcalde de Noia do candidato do Partido Socialista, Rafael García Guerrero, "seguindo o acordado pola Dirección Nacional da nosa organización o pasado día 28 de maio", explicaron esta mañá en rolda de prensa. A maiores, na tarde de onte, día 9, a Asamblea Local de Noia decidiu optar pola negociación co PSOE a fin de intentar conformar un goberno de coalición. A papeleta de votación tiña dúas opcións: 1ª/ Acordo de gobernabilidade PSOE/BNG (acordos puntuais) 2ª/ Acordo de goberno PSOE /BNG (goberno de coalición) O resultado foi o seguinte:18 votos a favor do goberno de coalición15 votos a favor dos acordos puntuais3 votos en branco 16 abstencións Á parte do acordo acadado entre as Direccións Nacionais das dúas formacións para investir de xeito recíproco aos seus candidatos, o BNG de Noia arrincoulle un compromiso ao PSOE local no relativo “á limpeza e rexeneración da ría de Noia e o impulso á infraestructura portuaria do porto de Compostela”.
Un dos apartados do citado compromiso di textualmente: “O PSdeG-PSOE comprométese co BNG a buscar unha solución consensuada co obxeto de abrir negociacións desde o goberno municipal co Ministerio de Medio Ambiente para, a través da modificación do proxecto actual, acadar a dotación de equipamentos portuarios que favorezan e incrementen a posición de Noia como porto de Compostela”. Deste xeito despéxase unha das incógnitas que apuntaban a un posible tripartito entre Psoe, Bng e No.I.A. para esta lexislatura que comeza. Falta a confirmación do No.I.A. para que neste concello non goberne o Partido Popular. Antes, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario